Microsoft Office
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Microsoft Office | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | programa para escritório (pt) ![]() ![]() ![]() |
Licenza | Microsoft end-user license agreement (en) ![]() ![]() |
Características | |
Sistema operativo | Microsoft Windows, Windows Mobile, Windows Phone, iOS, macOS e Android ![]() |
Linguaxe de programación | C++ ![]() |
Datas | |
Publicación | 19 de novembro de 1990 ![]() |
Creación | 19 de novembro de 1990 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Microsoft ![]() |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
Blog oficial | blogs.office.com ![]() |
Páxina WEB | office.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Microsoft Office é unha suite ofimática desenvolvida pola empresa Microsoft e que conta con versións para os sistemas operativos Microsoft Windows e macOS.
Características
[editar | editar a fonte]Os tres programas 'centrais' ou básicos en toda versión desta suite son Microsoft Word, Microsoft Excel e Microsoft Powerpoint; procesador de texto, folla de cálculo e ferramenta de presentacións, respectivamente. As versións para Windows inclúen tamén o programa de xestión de bases de datos Microsoft Access e o xestor de correo electrónico Microsoft Outlook. Outros programas poden aparecer dependendo da versión de Office escollida.
O seu éxito nos Macintosh foi case inmediato, non así nos PC, nos cales as alternativas como WordPerfect tiñan a meirande parte da cota de mercado. A versión 95, e sobre todo a 97 suporán o dominio do mercado por parte de Microsoft.
Actualmente, alternativas de balde e libres como LibreOffice comezan a abrirse paso pouco a pouco, pero sen ameazar de momento a posición de monopolio de facto coa que conta a compañía estadounidense neste sector.
As últimas versións son Office 2010 para Windows e Office 2011 para Macintosh. Precisamente Microsoft, tras un convenio coa Xunta, presentou no ano 2004 a tradución ó galego da versión Windows.
Composición
[editar | editar a fonte]Na actualidade, a familia Microsoft Office está formada por:
- Microsoft Word - procesador de textos.
- Microsoft Excel - folla de cálculo.
- Microsoft Powerpoint - programa de presentacións.
- Microsoft Access - base de datos.
- Microsoft Outlook - axenda e programa de correo electrónico.
- Microsoft Publisher - programa de autoedición.
- Microsoft InfoPath - programa para crear formularios en XML.
- Microsoft OneNote - programa para facer apuntamentos.
- Microsoft Project - xestor de proxectos.
- Microsoft Visio - programa para crear fluxogramas.
- Microsoft Communicator[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Microsoft, Nortel unveil ICA's first products". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2008. Consultado o 18 de xaneiro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Microsoft Office Online - Páxina oficial de Microsoft Office (en inglés).
- Microsoft Office Language Interface Pack 2007 - Interface de usuario en Galego para moitos programas de Microsoft Office 2007.