Saltar ao contido

Eulalia Vicenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEulalia Vicenti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1884 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1979 Editar o valor en Wikidata (94/95 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritora, política Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAlfredo Vicenti Editar o valor en Wikidata


Eulalia Vicenti Díez de Tejada, nada en Madrid en 1884 e finada en Porto en 1979 foi unha xornalista e política galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacida Eulalia Taboada Díez de Tejada, foi recoñecida como filla por Alfredo Vicenti á morte en 1906 de Luís Taboada, o seu pai biolóxico.

Durante a República militou en Acción Republicana, agrupación política progresista fundada en 1925 por Manuel Azaña. Foi secretaria do Comité de Relacións Exteriores da Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispanoamericanas (1932). Feminista, colaborou na prensa republicana defendendo os dereitos da muller, e escribiu ao xornal Luz solicitando a emisión dun selo postal coa imaxe de Concepción Arenal.[2][3] Publicou artigos na revista Cultura integral y femenina, creada polas líderes do movemento feminista intelectual republicano, e que pretendía lograr a emancipación da muller a través da cultura e o coñecemento.[4]

En xuño de 1936, tras a vitoria da Fronte Popular, Eulalia Vicenti formou parte xunto con Luisa Carnés, María Teresa León, Elena Fortún, Matilde Ras e outras intelectuais da época dunha homenaxe a Clara Campoamor pola consecución do voto feminino o 1 de outubro de 1931 e a defensa dos dereitos das mlljeres.[5][6]