Pertenceu a unha acomodada familia de comerciantes gaditanos e recibiu formación musical dende a súa infancia, tanto de piano como de solfexo. Continuou os seus estudos con varios profesores e, grazas ás amizades familiares, entrou nos círculos culturais da cidade, particularmente na casa de Salvador Viniegra. Alí coñeceu as obras de importantes compositores. A súa primeira interpretación pública foi coa súa nai no recital para piano de Die sieben letzten Worte unseres Erlösers am Kreuze (en galegoAs sete últimas palabras de Cristo na cruz) de Joseph Haydn. Posteriormente, trasladouse a Madrid, onde continuou a súa formación en piano con José Tragó e compuxo obras para piano e música de cámara. Coñeceu a Felip Pedrell, quen foi unha notable influencia na súa posterior carreira e espertou o seu interese polo flamenco e o cante jondo. Máis tarde, marchou a París, onde fixo amizade con diversos membros da sociedade cultural da cidade, como Paul Dukas, Isaac Albéniz, Claude Debussy, Ricard Viñes (que o introduciu en Les Apaches), Maurice Ravel, Igor Stravinskii ou Joaquín Nin. Ao seu regreso a Madrid en 1914, estreitouse a súa relación con María e Gregorio Martínez Sierra, e colaboraron nalgunhas das súas obras. Tivo unha destacada presenza na vida cultural e política da cidade e creceu a súa popularidade, e traballou con Sergei Diagilev e os seus Ballets Russes. En 1919 marchou a Granada, onde fixo relación con Antonio de Luna García, Federico García Lorca, Miguel Cerón, Fernando de los Ríos, Hermenegildo Lanz e Manuel Ángeles Ortiz, entre outros, e puido coñecer con maior profundidade o flamenco e o cante jondo. En 1939, e finalizada en España a guerra civil, trasladouse á Arxentina, onde viviu ata o seu falecemento en 1946.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 154 272 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 276 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.