Saltar ao contido

Wikipedia:Artigo destacado

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (propor · votar)
Artigos bos (propor · votar)
Artigo destacado (propor · votar)
Artigo sobre Galicia (propor · votar)
Imaxe do día (propor · votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Atallo:
WP:DT

O artigo destacado é unha sección da Portada onde se mostra un retazo dun dos máis completos artigos da Galipedia.

Para propor artigos destacados para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vai á páxina de propostas.

Actualmente o artigo destacado é: Harry Potter e a Cámara dos Segredos

Artigo destacado

Anna May Wong, nada co nome Wong Liu-tsong en 1905 nos Ánxeles e finada en 1961 en Santa Monica, foi unha actriz estadounidense, considerada a primeira estrela de cine chinoamericana. Durante a súa carreira actuou no cine mudo, no cine sonoro, na televisión, no teatro e na radio. Durante a época do cine mudo actuou no filme The Toll of the Sea de 1922, un dos primeiros filmes rodados a cor, e no filme de 1924 de Douglas Fairbanks The Thief of Bagdad, tralo que se converteu nunha icona de moda e acadou a fama internacional en 1924. Frustrada polos papeis secundarios estereotipados que representaba en Hollywood, Wong trasladouse a Europa a finais dos anos 1920, sendo a protagonista de varias obras de teatro e filmes destacados, entre eles o filme de 1929 Piccadilly. Pasou a primeira metade dos anos 1930 viaxando entre os Estados Unidos e Europa realizando diversos traballos no teatro e no cinema. Actuou en varios filmes dos inicios da época do cine sonoro coma Daughter of the Dragon de 1931 e Daughter of Shanghai de 1937, así como xunto a Marlene Dietrich no filme de 1932 de Josef von Sternberg Shanghai Express. En 1935 a Metro-Goldwyn-Mayer rexeitou tela en consideración para o papel protagonista da personaxe chinesa O-Lan na versión cinematográfica da obra de Pearl S. Buck The Good Earth, escollendo no seu lugar a actriz de raza branca Luise Rainer. Wong pasou o ano seguinte viaxando pola China, visitando a vila ancestral da súa familia e estudando a cultura chinesa. A finais dos anos 1930 foi a protagonista de varios filmes de serie B para Paramount Pictures, representando papeis de persoas chinesas e chinoamericanas desde unha perspectiva positiva. Durante a segunda guerra mundial ocupou o seu tempo e diñeiro na procura de axuda para a causa chinesa contra o Xapón. Nos anos 1950 volveu á escena pública realizando varias aparicións televisivas. En 1951 Wong foi a protagonista do programa de televisión The Gallery of Madame Liu-Tsong, o primeiro programa televisivo dos Estados Unidos cunha protagonista de orixe asiática. Sen poder chegar a realizar os seus plans de actuar de novo no cinema co filme Flower Drum Song, Wong faleceu ós 56 anos de idade a causa dun infarto, tras padecer unha cirrose nos últimos anos da súa vida. Trala súa morte, Wong foi recordada durante décadas principalmente polos seus papeis estereotipados de "Dama Dragón" e de "muller recatada" que adoitaban ofrecerlle para representar. A súa vida e carreira foron avaliadas de novo a comezos do século XXI grazas a varias obras literarias e filmes retrospectivos.

Vindeiros artigos destacados na Portada

  • En xuño o artigo destacado será:

Artigo destacado

  • En xullo o artigo destacado será:

Artigo destacado

Arquivo

Arquivo de artigos destacados

A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados do ano pasado, este ano e o vindeiro:

Modelo

A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os artigos destacados:

<div style="float:left;margin-right:0.9em">
[[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]]
</div>
'''[[NOME_DO_ARTIGO_DESTACADO]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO
<noinclude>[[Categoría:Artigos destacados en {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>