José Alcántara Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1884 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 2 de febreiro de 1963 ![]() Marín, España ![]() |
![]() | |
1936 – 1938 ← Antonio Blanco Solla | |
![]() | |
1930 – 1931 ← Narciso Nores Salgado – Gonzalo Martín March → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, político, empresario ![]() |
Familia | |
Fillos | Julia Alcántara Rocafort, José Manuel Alcántara Rocafort ![]() |
José Alcántara Fernández, nado en Ferrol o 5 de decembro de 1884 e finado en Marín o 2 de febreiro de 1963,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de Intendente Mercantil. Pasou tempadas en Montpellier e Kent perfeccionando os idiomas. Foi axente de aduanas e consignatario de buques, presidente do consello de Administración de J. Alcántara SA e conselleiro fundador da Compañía General de Carbones SA e da Vidriera Gallega. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Marín en abril de 1930.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado novamente alcalde de Marín. Foi deputado provincial.
Predecesor: Narciso Nores Salgado |
![]() Alcalde de Marín 1930 - 1931 |
Sucesor: Gonzalo Martín March |
Predecesor: Antonio Blanco Solla |
![]() Alcalde de Marín 1936 - 1938 |
Sucesor: José González Pérez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Marín con Adela Rocafort Lloret en abril de 1911,[3] e foi pai de Julia, José Manuel, Juan e Mela Alcántara Rocafort.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 3-2-1963, p. 22.
- ↑ El Progreso, 12-4-1930, p. 3.
- ↑ Noticiero de Vigo, 26-4-1911, p. 2.