Nikolai Triik
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1884 ![]() Talín (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 12 de agosto de 1940 ![]() Talín (Estonia) ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Leetse-Lepiku ![]() |
Educación | École des Beaux-Arts (1907–1908) Academia de Arte e Deseño de San Petersburgo (1901–1905) Escola Obradoiro de Ants Laikmaa Académie Colarossi ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, gravador, caricaturista, artista gráfico ![]() |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Movemento | Expresionismo ![]() |
Alumnos | Arno Vihalemm e Priidu Aavik ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Anna Triik-Põllusaar ![]() |
Nikolai Voldemar Triik, nado en Talín o 7 de agosto de 1884 e finado ibídem o 12 de agosto de 1940, foi un pintor modernista, artista gráfico e profesor estoniano. A súa obra amosa elementos de simbolismo e expresionismo.
Xunto con Konrad Mägi e Ants Laikmaa, Triik foi un dos artistas estonianos máis salientables da primeira metade do século XX.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nikolai Triik naceu na rúa Niguliste de Talín como o primeiro fillo do mestre xastre Kusta Triik. Estudou no colexio Gustav Adolf. Proviña dunha familia de clase media. Despois de graduarse nas escolas públicas en 1901, matriculouse na Academia de Arte e Industria de San Petersburgo, mais foi expulsado por participar nunha folga estudantil durante a revolución de 1905.[3] Volveu a casa e continuou os seus estudos na escola de arte privada dirixida por Ants Laikmaa, pero máis tarde regresou a San Petersburgo para recibir leccións de Osip Braz.

O ano seguinte, acompañou a Konrad Mägi e Aleksander Tassa nunha viaxe a Åland e pasou unha tempada en Helsinqui na escola xestionada pola "Asociación Finesa de Arte". Pouco despois, casou coa filla dun adiñeirado propietario dunha fábrica e trasladouse a París, onde fixo cursos na Académie Colarossi, a Académie Julian e a École des Beaux-arts.[3]
Cando rematou os seus estudos aló, visitou Noruega, despois volveu a San Petersburgo e auditou as clases na academia de arte dirixida per Nicholas Roerich. Durante os dous anos seguintes, trasladouse entre San Petersburgo e Tartu. En 1911, comezou a producir unha sección de arte para unha revista publicada pola asociación literaria Noor-Eesti, e creou unha serie de obras baseada no folclore estoniano. Despois de máis viaxes a Copenhague e Berlín, estabeleceuse definitivamente en Estonia en 1913, traballando como profesor de arte.[3]
En 1916 converteuse en membro do consello reitor do "Eesti Kunstiselts" (asociación de arte) e, de 1919 a 1920, foi responsable de Belas Artes no Ministerio de Educación de Estonia. Ese ano, uniuse a unha asociación de arte progresista chamada "Pallas" e foi a Tartu ensinar na súa escola.
De 1922 a 1926, deu clases particulares no seu propio estudio en Tartu, despois traballou como artista independente até 1928. Cinco anos máis tarde, converteuse no primeiro estoniano en ser nomeado profesor de arte.[3] A súa segunda muller, Viktoria (a filla de Mihkel Martna), morreu en 1935, con só corenta e catro anos. Caeu enferma a comezos de 1940 e regresou a Talín, onde morreu pouco despois.
Nikolai Triik está enterrado no cemiterio da granxa de Leetse-Lepiku, na península de Pakri.
Obras escollidas
[editar | editar a fonte]-
Vista dunha vila pequena (1905–1909).
-
Retrato de Konrad Mägi (1908).
-
Caza (1913).
-
Paisaxe finesa (1914).
-
Loita coa Hidra (sen data).
-
Lennuk (1910).
-
Xardín vello (1917).
-
Dende a fiestra (Talín) (1913).
-
Retrato do Pr. V. Triik-Martna (sen data).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nikolai Triik (1884–1940)" (en estoniano). Consultado o 2025-04-11.
- ↑ ERR (2015-04-09). "Homme esitletakse raamatut Nikolai Triigi loomingust" (en estoniano). Consultado o 2025-04-11.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Eesti Modernism @ the Tartu Art Museum (ed.). "Eesti modernism: Nikolai Triik" (en estoniano). Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2015-05-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alfred Vaga, Nikolai Triik, (Vol.1 de "Grandes homes de Estonia"), Loodus, 1939
- Evi Pihlak, Nikolai Triik, 1884-1940 (catálogo da exposición) Tallinna Kunstimuuseum, 1959, reeditado en 1969.