Wò hǔ cáng lóng
Tigre e Dragón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wò hǔ cáng lóng |
Director | Ang Lee |
Produtor | Li-Kong Hsu William Kong Ang Lee |
Guión | Hui-Ling Wang James Schamus Kuo Jung Tsai |
Baseado en | Crouching Tiger, Hidden Dragon (novela) de Wang Dulu |
Intérpretes | Chow Yun-fat Michelle Yeoh Zhang Ziyi Chang Chen Sihung Lung Pei-pei Cheng Fa zeng Li Xian Gao Yan Hai Deming Wang Li Li De Ming Wang, |
Música | Tan Dun |
Fotografía | Peter Pau |
Montaxe | Tim Squyres |
Distribuidora | Sony Pictures Classics |
Estrea | 2000 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Acción, Romance, Artes marciais |
Orzamento | $17 000 000[2] |
Recadación | $213 525 736[2] |
Filme seguinte | Crouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/crouchingtigerhiddendragon/index.html | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme baséase na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.
Sinopse
[editar | editar a fonte]É unha historia ficticia, situada no período da Dinastía Qing na China, aproximadamente durante o reinado do Emperador Qianlong (arredor de 1680).
Os protagonistas da historia son dous experimentados e famosos mestres en artes marciais, Li Mu Bai (Chow Yun-fat) e Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Os dous están namorados, pero cren que non poden estar xuntos porque Shu Lien é a viúva do mellor amigo de Mu Bai. Por outra parte, Jen (Zhang Ziyi), filla do Gobernador Yu de Manchuria (Fa Zeng Li), desexa desesperadamente ter a vida emocionante e chea de aventuras dun guerreiro. Polo que de xeito secreto, Jen convértese na alumna da malvada guerreira "Raposa de Xade" (Cheng Pei-pei), de quen Mu Bai xurou vingarse xa que matou o seu mestre. Mu Bai vai na busca da súa lendaria espada, "A espada celestial", que roubou Jen. Jen loita contra Mu Bai en varias ocasións, e pese a superioridade de Mu Bai, el rexeita matala porque quere adestrala como aprendiz. Jen tamén loita contra Shu Lien, quen intenta ensinarlle os valores do amor e a amizade. Pero Jen non se deixa convencer polo seu amor prohibido co bandido do deserto Lo (Chang Chen), e rexeita a axuda de Mu Bai e Shu Lien.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Chow Yun-fat como Li Mu Bai
- Michelle Yeoh como Yu Shu Lien
- Zhang Ziyi como Jen Yu (versión en mandarín) / Jiao Long (versión internacional)
- Chang Chen como Lo "Nube Escura" / Luo Xiaohu
- Cheng Pei-pei como Raposa de Xade
- Sihung Lung como Sir Te
- Li Fazeng como Gobernador Yu
- Gao Xi'an como Bo
- Hai Yan como Madam Yu
- Wang Deming como Inspector de policía Tsai / Prefeto Cai Qiu
- Huang Suying como Tío Wu
- Yang Rui como Maid
- Li Kai como Gou Jun Pei
- Feng Jianhua como Gou Jun Sinung
- Ma Zhongxuan como Mi Biao
- Li Baocheng como Fung Machete Chang
- Yang Yongde como Monk Jing
- Zhang Shaocheng como O home na noite
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2000: 4 Oscars: Mellor película estranxeira. 10 Nomeamentos.
- 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor director, película de fala non inglesa. 3 Nomeamentos.
- 2000: 4 premios BAFTA, incluíndo David Lean á dirección, Anthony Asquith. 14 Nomeamentos.
- 2000: National Board of Review: Mellor película de fala non inglesa.
- 2000: Círculo de críticos de Nova York: Mellor fotografía.
- 2000: 2 premios no Festival de Toronto: Mellor director (Ang Lee), mellor película.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 BFI (ed.). "Crouching Tiger, Hidden Dragon". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Crouching Tiger, Hidden Dragon". Consultado o 3 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 73ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritics (en inglés)