Rubén Darío Insúa
Rubén Darío Insúa Carballo, nado en Buenos Aires o 17 de abril de 1961, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que dende 2024 dirixe o Barracas Central, da Primeira División da Arxentina. Alcumado Gallego Insúa polas súas orixes galegas, ocupaba habitualmente posicións de centrocampista, aínda que a súa polivalencia permitiulle tamén xogar como defensa e dianteiro. Destacou especialmente no San Lorenzo de Almagro, sendo unha das maiores figuras da historia do club, co que disputou 204 partidos oficiais nos que marcou 38 goles.[1][2] Ademais gañou unha liga arxentina co Independiente e un campionato ecuatoriano co Barcelona Sporting.
En 1997 iniciou unha carreira como adestrador que se alongou durante case 30 anos, nos que dirixiu clubs de cinco países suramericanos, gañando dúas ligas ecuatorianas co Barcelona Sporting e o Deportivo Quito, así como a Copa Suramericana de 2002 á fronte do San Lorenzo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Naceu en en Buenos Aires o 17 de abril de 1961, sendo fillo de emigrantes galegos. Seu pai era socio do San Lorenzo de Almagro e curmán do histórico gardameta do club Jaime Lema, campión de liga en 1933.[2] Afeccionado ao club de Boedo dende neno, acudía habitualmente aos partidos do Gasómetro, onde vía entre outros ao seu ídolo, o "Lobo" Fischer.[2]
San Lorenzo
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira no propio San Lorenzo, no que ingresou con só nove anos. Debutou co primeiro equipo na Primeira División aos 17 anos, o 10 de decembro de 1978, nun partido ante San Martín en Mendoza no que o adestrador Alejandro Romero lle deu entrada ao terreo de xogo no lugar de Lorea.[2] Aínda que apenas xogou na etapa de Carlos Bilardo, en 1979 foi titular no derradeiro partido disputado no vello Gasómetro e en 1980 marcou os seus primeiros goles, incluído un de libre directo ao histórico Fillol.[2] En 1981 viviu o descenso do equipo á Primeira B, con Juan Carlos Lorenzo como adestrador, pero en 1982 proclamouse campión da segunda categoría, sendo o autor do gol que certificaba o ascenso.[3]
Las Palmas
[editar | editar a fonte]Militou no club ata setembro de 1985, cando foi contratado pola UD Las Palmas, da Primeira División de España.[4] Disputou un total de 11 partidos co club amarelo e marcou catro goles, todos de penalti, pero acabou regresando ao seu país en decembro.[5]
Indpendiente
[editar | editar a fonte]Volveu á disciplina do San Lorenzo e en xullo foi traspasado ao Estudiantes, no que militou ata 1988, cando pasou a xogar en Independente. No club de Avellaneda coincidiu co ídolo Bochini e conquistou o campionato arxentino na tempada 1988/89, marcando un dos goles na vitoria decisiva por 1-2 na derradeira xornada ante o Deportivo Armenio.[6] Xogou 100 partidos coa camiseta vermella, anotando 29 goles.[6]
Barcelona SC
[editar | editar a fonte]En 1991 fichou polo Barcelona SC de Guayaquil e esa mesma tempada gañou o campionato ecuatoriano, sendo o terceiro máximo goleador do torneo con 17 goles.[7] Militou catro anos no club ecuatoriano, converténdose nun ídolo para a afección.[7]
Colombia e retirada en Quilmes
[editar | editar a fonte]A continuación pasou ao Deportivo Cali de Colombia.[8] De volta na Arxentina, disputou a tempada 1995/96 coa camiseta de Quilmes, poñendo fin á súa carreira como futbolista profesional en 1996.[9]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi cinco veces internacional coa selección arxentina, co que participou na Copa América de 1983, ás ordes de Carlos Bilardo, compartindo equipo con xogadores como Nery Pumpido, Fillol, Brown, Gareca, Mouzo, Sabella ou Gurruchaga.[10]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como adestrador no Barcelona SC en 1997. Baixo o seu mando, o equipo gañou ese mesmo ano a liga ecuatoriana, por diante do Deportivo Quito que dirixía o chileno Ramón Estay. Ao ano seguinte fixo histoira ao meter ao club na súa segunda final da Copa Libertadores. O seu rival foi o Vasco da Gama de Antônio Lopes, ante o que caeu derrotado tanto na ida no São Januário como na volta no Monumental.[7]
En 1999 regresou á Arxentina para dirixir o Ferro Carril Oeste.[11] Con todo, os pobres resultados obtidos levárono a dimitir despois de só cinco partidos.[12] Para a tempada 2000 volveu ao Barcelona, facéndose cargo do equipo nun mal momento, ao bordo do descenso, pero conseguiu salvar a categoría e clasificar o equipo para a Copa Libertadores.[7]
San Lorenzo
[editar | editar a fonte]En xullo de 2002 foi anunciado como adestrador do San Lorenzo, en substitución de Manuel Pellegrini.[13] Só puido ser noveno no Torneo Apertura 2002, pero as grandes actuacións do equipo chegaron na Copa Suramericana, que celebraba ese ano a súa primeira edición. San Lorenzo eliminou sucesivamente ao Monagas, o Racing Club e o Bolívar, meténdose na primeira final do torneo, onde tivo como rival ao Atlético Nacional colombiano de Alexis García. No partido de ida no Atanasio Girardot de Medellín, o equipo de Insúa conseguiu unha goleada por 0-4, sendo ata a data a maior vitoria visitante nunha final da CONMEBOL. O empate sen goles na volta no Gasómetro deulle o título ao club arxentino.[14]
Regreso a Ecuador e pasos por Bolivia, o Perú e Colombia
[editar | editar a fonte]En 2003 regresou a Ecuador para iniciar a súa terceira etapa no Barcelona Sporting, quedando subcampión de liga e logrando a clasificación para a Copa Libertadores 2004. En xaneiro de 2005 foi confirmado como adestrador de Alianza Lima,[15] ao que dirixiu ata a súa dimisión en maio.[16] Logo dun paso polo Jorge Wilstermann de Bolivia, regresou ao seu país natal en outubro de 2007 para dirixir a Talleres, no que permaneceu só 12 encontros.[17][18]
En decembro de 2008 foi contratado por Deportivo Quito, que viña e gañar o seu primeiro título en 40 anos da man de Carlos Sevilla.[19] Con Insúa no banco, o Ídolo revalidou o título, tras derrotar na final ao Deportivo Cuenca.[20] Con todo, a mala forma do equipo na tempada seguinte provocou o seu despedimento en agosto de 2010.[21]
O 2 de outubro de 2010, comezou a súa cuarta etapa en Barcelona,[22] co que acabou na terceira posición da liga ese ano. Con todo, en marzo de 2011 foi despedido do seu cargo polo mal desempeño do equipo no campionato nacional e, segundo Alfonso Harb, presidente do club, pola súa indisciplina.[23]
En setembro de 2011 asumiu o cargo de adestrador do Deportivo Cali (no que xa militara como xogador), substituíndo a Jorge Cruz.[24] O 3 de marzo do 2012, foi relevado das súas funcións despois dun mal comezo no Torneo Apertura.[25]
O 30 de xullo de 2012 comezou o seu segundo ciclo no Deportivo Quito, substituíndo a Nelson Acosta.[7] Tras unha profunda crise económica e institucional, conseguiu manter o equipo na máxima categoría do fútbol ecuatoriano e, en 2013, clasificouno para a Copa Libertadores.[26] Con todo, en outubro de 2013, confirmouse que non seguiría no club a partir da tempada seguinte.[27]
En maio de 2015 púxose á fronte do El Nacional de Quito, pero acabou dimitindo en outubro alegando falta de compromiso da dirección do club.[28]
O primeiro día de 2016 foi nomeado director do Club Bolívar da Primeira División de Bolivia.[29] Tres meses despois, foi destituído do seu posto tras os malos resultados na Copa Libertadores e no torneo nacional.[30]
En febreiro de 2019 foi nomeado adestrador da Liga de Portoviejo, club da segunda división ecuatoriana.[31] En decembro do mesmo ano, conseguiron o ascenso á Serie A.[32] Despois de dúas tempadas no club, foi destituído do seu cargo en novembro de 2020.[33]
En abril de 2021 colleu as rendas do Deportivo Binacional da Primeira División do Perú. [34] Dirixiu o club só durante tres partidos, ata que as discrepancias coa directiva levaron á súa destitución só 25 días despois da súa chegada.[35]
Nova etapa en San Lorenzo
[editar | editar a fonte]O 17 de maio de 2022 acordou o seu regreso ao club da súa vida, o San Lorenzo, co que asinou un contrato ata decembro de 2023.[36] Uns meses despois o equipo clasificouse para a Copa Suramericana tras vencer ao Aldosivi na última xornada de liga.[37] Na competición continental, o equipo de Insúa acadou os oitavos de final, onde foi eliminado polo São Paulo de Dorival Júnior.[38]
Despois de clasificarse para a Copa Libertadores de 2024, o seu contrato foi renovado por dúas tempadas e media en xaneiro de 2024.[39] Non obstante, foi despedido o 12 de abril tras unha serie de malos resultados.[40]
Barracas Central
[editar | editar a fonte]En setembro de 2024 foi contratado por Barracas Central, co que asinou un contrato ata decembro de 2025.[41] No club guapo coincidiu co seu fillo Rodrigo.[42]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Alejandra Álvarez, coa que foi pai de tres fillos: os futbolistas Rodrigo e Robertino, e Pamela.[43]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]- San Lorenzo
- Primeira B (1): 1982.
- Independiente
- Primeira División (1): 1988/89.
- Barcelona
- Serie A (1): 1991.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]- Barcelona
- Serie A (1): 1997.
- Deportivo de Quito
- Serie A (1): 2009.
- San Lorenzo
- Copa Suramericana (1): 2002.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "JUGADORES HISTORICOS". sanlorenzo.com.ar (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "¿Cómo jugaba el «Gallego» Insúa?" (en castelán). 23 de xullo de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "A 41 años del gol eterno del gallego Insua" (en castelán). 6 de novembro de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Refuerzo para Las Palmas". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 1985. p. 47.
- ↑ Rastrilla, Víctor (30 de xuño de 2017). "Insúa, la gran decepción" (en castelán). Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ 6,0 6,1 "Rubén Darío Insúa cumple 60 años" (en castelán). 17 de abril de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Ruben Darío Insua: de ser campeón e ídolo en Ecuador a su regreso como rival" (en castelán). 8 de abril de 2024. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Rubén Darío Insúa en Deportivo Cali: así pasó, como jugador y como DT" (en castelán). 26 de decembro de 2024. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "El paso en falso de Ruben Insua en Quilmes: los siete partidos que marcaron el retiro como jugador del DT del momento" (en castelán). 18 de marzo de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2025.
- ↑ "Copa América 1983". rsssf.org (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insúa: todo bajo control" (en castelán). Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Perfil de Rubén Darío Insúa" (en castelán). Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "Pellegrini asumió como el nuevo DT" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "San Lorenzo: campeón de la Copa Sudamericana" (en castelán). 11 de decembro de 2002. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insua, en Alianza Lima" (en castelán). 2 de xaneiro de 2005. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insúa renunció a la conducción del Alianza Lima" (en castelán). 12 de maio de 2005. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Wilstermann paga al técnico Rubén Darío Insúa $us 42 mil" (en castelán). 4 de abril de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insua y Oste: el ciclo en Talleres, el “día del silencio” y los rivales de hoy con San Lorenzo" (en castelán). 13 de abril de 2023. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Deportivo Quito contrata al técnico argentino Insúa para defender el título" (en castelán). 18 de decembro de 2008. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Deportivo Quito es por primera vez bicampeón". especiales.eluniverso.com (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insúa fue despedido del Deportivo Quito" (en castelán). 13 de agosto de 2010. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insúa, nuevo DT del Barcelona (Ecu)" (en castelán). 2 de outubro de 2010. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "El Barcelona de Ecuador despide a Insúa por negarse a 'revisar su sistema'" (en castelán). 25 de marzo de 2011. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Rubén Darío Insúa es el nuevo DT de Deportivo Cali" (en castelán). 28 de setembro de 2011. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insúa fue despedido como DT del Cali, Comesaña ocuparía su lugar" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Se sorteó la Copa Libertadores 2014" (en castelán). 12 de decembro de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insúa dejará Deportivo Quito en 2014" (en castelán). 25 de outubro de 2013. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Insua se cansó de afrontar problemas insólitos y renunció" (en castelán). 26 de outubro de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Bolivia: Rubén Darío Insúa es el nuevo entrenador de Bolívar" (en castelán). 1 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ Rojas, Carlos Augusto (26 de abril de 2016). "Rubén Insúa fue cesado como DT del Bolívar tras fracaso en la Libertadores" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Rubén Darío Insúa es el nuevo técnico de Liga de Portoviejo" (en castelán). 2019-02-05. Consultado o 2024-08-31.
- ↑ "Liga de Portoviejo accedió a la final de la Serie B y logró el ascenso" (en castelán). 8 de decembro de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ Bayas, Mauricio (2020-11-05). "Liga de Portoviejo separó al DT Rubén Darío Insúa por malos resultados" (en castelán). Consultado o 2024-08-31.
- ↑ "Un argentino dirigirá a Binacional". 2021-04-16. Consultado o 2024-08-31.
- ↑ "Rubén Darío Insúa y el motivo de su salida de Binacional: “Quería ser campeón de la Libertadores y me dijeron que no había presupuesto”" (en castelán). 23 de novembro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Rubén Darío Insúa, nuevo técnico de San Lorenzo" (en castelán). 18 de maio de 2022. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Liga Profesional: San Lorenzo ganó y clasificó a la Sudamericana" (en castelán). 23 de outubro de 2022. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "San Lorenzo perdió 2-0 con San Pablo en el Morumbí y quedó eliminado de la Copa Sudamericana" (en castelán). 11 de agosto de 2023. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "¡Es oficial! Rubén Darío Insúa renovó con San Lorenzo luego de confirmar el acuerdo de palabra" (en castelán). 9 de xaneiro de 2024. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Rubén Insua dejó de ser el técnico de San Lorenzo" (en castelán). 12 de abril de 2024. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "Hola Gallego!" (en castelán). 2 de setembro de 2024. Consultado o 26 de marzo de 2025.
- ↑ "El exentrenador de San Lorenzo Rubén Insúa llega a Barracas Central a dirigir a su hijo" (en castelán). 3 de setembro de 2024. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ "Los Insua y el aniversario de Olé: "Guardamos un montón de notas"" (en castelán). 23 de maio de 2024. Consultado o 27 de marzo de 2025.
- Nados en Buenos Aires
- Nados en 1961
- Arxentinos de ascendencia galega
- Futbolistas da Arxentina
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro
- Xogadores da UD Las Palmas
- Xogadores do Club Estudiantes de La Plata
- Xogadores do CA Independiente
- Xogadores do Barcelona Sporting Club
- Xogadores do Deportivo Cali
- Xogadores do Quilmes Atlético Club
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do Barcelona Sporting Club
- Adestradores do Ferro Carril Oeste
- Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro
- Adestradores do Alianza Lima
- Adestradores do CD Jorge Wilstermann
- Adestradores do CA Talleres
- Adestradores do Deportivo Quito
- Adestradores do Deportivo Cali
- Adestradores do CD El Nacional
- Adestradores do Club Bolívar
- Adestradores do Deportivo Binacional
- Adestradores do Barracas Central